Piscina

 

Escola de Natación

 

O obxectivo da nosa escola non é o simple feito da supervivencia na auga, senón a adquisición dunhas habilidades acuáticas que permitirán ao neno ou nena, por unha banda, desenvolverse no medio acuático e, por outra, utilizar a natación como actividade á hora de adquirir hábitos de vida saudables no futuro.

E para acadar este obxectivo ofrecemos:
  • Profesionais preparados: O noso grupo de profesionais é capaz de atender todas as especialidades, con gran capacidade de resposta ante calquera situación, formados na teoría e sobre todo na práctica.
  • Grupos reducidos: O ratio profesor/alumno é reducido para que a progresión metodolóxica poida ser o máis adaptada posiblé ás individualidades.
  • Instalacións adecuadas: A nosa instalación está perfectamente concibida para a aprendizaxe da natación e para o desenvolvemento de todo tipo de especialidades no medio acuático.

Niveis de Aprendizaxe

CHIPI E PEIXE
  • Soprar dentro da auga coa cabeza totalmente mergullada e desprazarse.
  • Saltos á auga e equilibrios utilizando diferentes materiais.
  • Desprazarse na auga de forma autónoma, sen axuda do material de flotación.
  • Entradas á auga e buceo ao fondo da piscina.
  • Flotar en distintas posicións con facilidade de flotación e equilibrio.
  • Nadar 10 m. de forma continua e autónoma tipo crol e espalda.
BALEA E BALEA PLUS
  • Entrada á auga de cabeza, recoller aros do fondo, e continuar o nado 25 m.
  • Nadar 25 m. crol coas respiracións laterais e rítmicas.
  • Nadar 25 m. espalda e dobre espalda, posición hidrodinámica e con deslizamento.
  • Entrada de cabeza e dominio de xiros de media rotación.
  • Realizar de maneira eficaz e coordinada polo menos 3 estilos: crol, espalda e braza.
  • Saída básica de estilos e xiros de rotación enteira.
QUENLLA
  • 100 m. estilos con saída e xiros de forma eficaz e eficiente.
  • Coñecer aspectos básicos doutros deportes acuáticos: salvamento, sincronizada, waterpolo...
  • Nadar continuamente 10 minutos.
  • Coñecer os diferentes sistemas de adestramento.

NATACIÓN CON ALETAS

Si xa es un experto nadador, só che queda aceptar o reto. A actividade de natación con aletas é unha divertida novidade na nosa escola, onde poderás acadar novas técnicas de desprazamento dentro da auga.

AQUATRAINING

Actividade Especial