Indoor
Actividades Dirixidas
Descubre todas as opcións que temos para poñerte en forma

BIKEINDOOR
Clase enfocada ao traballo cardiovascular, dirixida por un instructor que se desenvolve enriba dunha bicicleta de características especiais.

CARDIOFIT
Clase de tonificación intensa, na que se traballan todos os grupos musculares. A carga utilizada é a que nos proporciona o noso corpo.

FIT PILATES
Traballo de tonificación e mobilidade articular, aporta flexibilidade e equilibrio, traballando o corpo dende a musculatura máis profunda. Interveñen o corpo e a mente e os seus principios básicos son: respiración, fluidez, precisión, control e aliñación.

BODYMOVE
Divertida forma de exercitar o corpo mediante secuencias coreográficas que combinan diversos xéneros musicais.

GAP
Tonificación muscular con orientación específica de cara ao traballo de glúteos, abdominais e pernas.

STRETCHING
Práctica corporal sinxela, basada no estiramento das cadeas musculares do noso corpo, tendentes á sobrecarga.

CARDIOBOX
Traballo cardivascular intenso que combina a técnica das diferentes artes marciales coas secuencias musicais coreografiadas.

FITPOWER
Tonificación muscular de alta intensidade, con carga. Para o desenvolvemento desta actividade utilízase o workpower ou barra de discos.

BIKE DUO
Clase cunha primeira parte cardiovascular intensa combinada cunha segunda parte de traballo isométrico.

FIT TONO
Tonificación de intensidade media de tódolos grupos musculares utilizando o fitball ou balón de fitness.

CIRCUIT TRAINING
Adestramento de tódolos grupos musculares nunhas postas determinadas que varían en cada clase.

ABDOMINAIS
Trinta minutos adicados a esta musculatura en concreto.

TERAGYM
Ximnasia moi suave. Para os que prefiren comezar tranquilamente.

POWERFLEX
Clase combinada de estiramentos e tonificación cun desenvolvemento dinámico.

LOCAL TRAINING
Adestramento moderado e localizado dun ou varios grupos musculares.